Vinte concellos galegos captan a metade da nova demanda de vivenda tras a COVID | Observatorio de Vivenda

Vinte concellos galegos captan a metade da nova demanda de vivenda tras a COVID

Vinte concellos galegos captan a metade da nova demanda de vivenda tras a COVID

Como consecuencia do confinamento vivido en marzo e ás restriccións derivadas da crise da covid, a demanda de vivenda cambiou en Galicia. Así, nos últimos seis meses, produciuse un aumento das procuras e das operacións de adquisición de vivendas en municipios á marxe das sete grandes cidades: só 20 concellos, sen contar as sete cidades, captan a metade da nova demanda de vivendas tras o estalido do COVID, xa sexa para comprar ou para arrendar, segundo detalla a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

Os concellos con máis tirón durante os últimos seis meses na provincia de A Coruña son Ames, Arteixo, Oleiros, Muros, Ribeira, mentres que na de Lugo colócanse á cabeza do mercado inmobiliario Viveiro, Ribadeo, Monforte, Foz, Burela.  Por outra parte, en Ourense a maior demanda se concentra en Barbadás, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Carballiño, Allariz e finalmente na de Pontevedra, a procura céntrase en Porriño, Nigrán, Cangas, Sanxenxo e Baiona.

Ademais, o perfil de búsqueda de vivendas, en propiedade ou en arrendamento, cambiou: agora búscase unha vivenda máis grande e con mellores características de habitabilidade como as que ofrecen as vivendas unifamiliares ou os pisos de catro ou máis dormitorios e os pisos con xardín e piscina en urbanización.

A oferta de venda de casas para reformar ou rehabilitar tamén aumentou no último semestre, e na comparativa interanual, un 20%, segundo datos da patronal inmobiliaria galega. Na comunidade este tipo de propiedades á venda superan xa as 7.000, sendo a provincia de A Coruña a que concentra a maior oferta (2.500) xunto coa de Pontevedra (1.800), seguidas da de Ourense (1.500) e, finalmente, de Lugo (1.250).

Fonte | La Opinión Coruña