Viveiro convoca axudas á rehabilitación para 15 novas obras no centro histórico | Observatorio de Vivenda

Viveiro convoca axudas á rehabilitación para 15 novas obras no centro histórico

Viveiro convoca axudas á rehabilitación para 15 novas obras no centro histórico

O Concello de Viveiro abre unha nova convocatoria de subvencións para obras en edificios e vivendas situados na área de rehabilitación do centro histórico e fixa un prazo dun mes para a presentación das solicitudes. Segundo o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP), serán subvencionables un total de quince actuacións, cun orzamento de uns 235.000 euros (197.544,58 que achega o Ministerio de Fomento e 36.667,46 da Xunta).

Estas axudas forman parte do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e van destinadas a executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifamiliares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns co fin de adecualas á normativa vixente.

Os técnicos avaliarán as solicitudes e subvencionaranse as que teñan maior puntuación ata esgotar ou orzamento destinado para tal fin.

Fonte | El Progreso