A vivenda de segunda man en Galicia incrementa o seu valor un 2,4% no último ano | Observatorio de Vivenda

A vivenda de segunda man en Galicia incrementa o seu valor un 2,4% no último ano

A vivenda de segunda man en Galicia incrementa o seu valor un 2,4% no último ano

O prezo da vivenda de segunda man en Galicia experimentou no segundo trimestre de 2021 un descenso trimestral do -0,2% e un incremento interanual do 2,4%, situando o prezo medio en 1.613 euros/m2, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Os datos deste informe revelan tamén que no segundo trimestre o prezo da vivenda descendeu en dúas do catro provincias: A Coruña con -0,3 % e Pontevedra con -0,02 %.

En canto á clasificación de prezos por provincias, Pontevedra e A Coruña son as máis caras. En concreto en Pontevedra páganse 1.816 euros por metro cadrado e na Coruña, 1.619 euros, mentres que a provincia co prezo por metro cadrado máis económico é Lugo con 1.162 euros.

Polo que respecta ás capitais de provincia, en xuño de 2021 o prezo da vivenda trimestral incrementouse en tres do catro capitais: Lugo (8,2%), Ourense (2,0%) e A Coruña (0,03%). Por outra banda, a capital de provincia con descenso trimestral foi Pontevedra cun -3,3 %.

Por último, a cidade máis cara é A Coruña capital con 2.360 euros/m2, seguida de Pontevedra capital con 1.777, mentres que o prezo da vivenda máis económico atópase en Lugo capital con 1.474 euros/m2.

Fonte | La Opinión Coruña