A vivenda é unha das partidas máis beneficiadas dos fondos Next Generation xa asignados | Observatorio de Vivenda

A vivenda é unha das partidas máis beneficiadas dos fondos Next Generation xa asignados

A vivenda é unha das partidas máis beneficiadas dos fondos Next Generation xa asignados

Xa tivo lugar a asignación por parte do Goberno de máis de 7.000 millóns dos fondos europeos Next Generation ás comunidades autónomas, dos preto de 10.500 que se asignarán este ano aos gobernos rexionais. As comunidades autónomas xestionarán o 55% dos 19.000 do fondo Next Generation que a UE lle dará a España en 2021.

As partidas máis beneficiadas serán as de vivenda, educación e transición ecolóxica, con máis de 1.000 millóns de euros cada unha.

Todas estas axudas están dirixidas á materialización das reformas e inversións. Os criterios para repartilas decídense en cada conferencia sectorial entre os distintos ministerios e conselleiros autonómicos competentes. Ademais, para controlar o correcto uso dos fondos, poranse en marcha uns mecanismos de colaboración técnica entre o ministerio e as administracións autonómicas e municipais que se materializarán nuns informes de obrigado cumprimento sobre o grao de execución dos compoñentes do plan de recuperación. 

 

 

Fonte | El País