A vivenda encareceríase máis do previsto segundo CaixaBank | Observatorio de Vivenda

A vivenda encareceríase máis do previsto segundo CaixaBank

A vivenda encareceríase máis do previsto segundo CaixaBank

A boa marcha da economía en 2024 fixo que CaixaBank revisase á alza os seus indicadores sobre o mercado inmobiliario, e o resultado é que a vivenda encareceríase máis do previsto. A previsión meses atrás era que os prezos manterían unha tendencia plana, cun alza do 1,4%. 

O principal motivo polo cal sucedería isto, é o comportamento da economía española nestes últimos meses, que se atopa nunha situación mellor do que se esperaba. Os indicadores macroeconómicos do banco tamén serán revisados, posto que a previsión do crecemento do PIB era do 1,4%, e, aproximadamente, a previsión coa nova tendencia estaría máis preto do 2%.

Esta mellora no comportamento da economía en xeral afectaría ao sector inmobiliario, e que, segundo os expertos do banco, o ano pasado vendéronse máis vivendas do que se esperaba (aínda que menos que en 2022) e o mesmo pasou cos permisos para construír novas casas.

CaixaBank Research modificou as súas expectativas a pesar de manterse na situación de desaceleración inmobiliaria. As compravendas de vivendas descenderían ata as 550.000, fronte as 510.000 da previsión inicial, mentres que os visados de obra nova aumentarían ata os 115.000, cando a previsión inicial era de 105.000. Con todo, o cambio máis relevante sucedería nos prezos, que aumentarían entre un 2,7% e un 3,5%. 

Fonte.- El Pais