A vivenda encareceuse un 3,8% en Vigo pese ao descenso nacional | Observatorio de Vivenda

A vivenda encareceuse un 3,8% en Vigo pese ao descenso nacional

A vivenda encareceuse un 3,8% en Vigo pese ao descenso nacional

O prezo da vivenda en Vigo resistiu entre xullo e setembro o desplome que rexistraron a maioría das cidades de España. Así o acredita o informe elaborado pola tasadora Tinsa sobre o terceiro trimestre do ano, cun encarecemento dos inmobles da orde do 3,8% con respecto ao mesmo período de 2019.

Desta forma Vigo é, xunto á cidade de Pontevedra, unha excepción en Galicia, onde houbo acusados descensos no resto de capitales provinciais e mínimos históricos no caos de Lugo e Ourense. Cunha media de 1.336 euros por metro cadrado, a cidade atópase no décimo posto do ránking nacional en canto á variación dos prezos con respecto ao terceiro trimestre de 2019. 

Así, pese ao crecemento rexistrado na cidade de xullo a setembro, o prezo de Vigo non é o máis elevado da comunidade: A Coruña mantense en primeiro lugar gracias aos 1.497 euros por metro cadrado de media no terceiro trimestre, unha cifra que non evita que se rexistre un descenso interanual de 4,6 puntos. No caso de Pontevedra, o encarecemento dos inmobles é máis notable que en Vigo, cun aumento dos prezos do 6,1% e un valor medio do metro cadrado que se sitúa nos 1.166 euros. 

Fonte | Atlántico