A vivenda nova encarécese un 0,9% en España en 2020, a menor suba en seis anos | Observatorio de Vivenda

A vivenda nova encarécese un 0,9% en España en 2020, a menor suba en seis anos

A vivenda nova encarécese un 0,9% en España en 2020, a menor suba en seis anos

O prezo da vivenda nova nas capitais de de provincia de España pechou 2020 nunha media de 2.476 euros por metro cadrado, o que supón que o ano pasado encareceuse un 0,9%. É a menor variación dende 2014,  segundo os datos publicados pola Sociedade de Tasación. A cima alcanzouse en 2018, un ano no que as casas a estrear encarecéronse un 5% e dende entón o sector daba signos de moderación, unha tendencia que a pandemia de coronavirus acentuou. De feito, aínda que o crecemento en taxa anual é do 0,9%, dende xuño, os importes creceron só un 0,2%.

Segundo sinala a Sociedade de Tasación, fora das capitais provinciais, o prezo medio dos pisos novos en cidades de máis de 100.000 habitantes é de 1.826 euros por metro cadrado, un 1,1% máis que un ano antes. Tamén crece máis que nas capitais o importe nas localidades de máis de 50.000 habitantes (1.710 euros por metro cadrado, un 1,1% máis que fai un ano), mentres que nos municipios de máis de 25.000 habitantes calcan a medida de crecemento das cidades máis grandes (1.574 euros, un 0,9%). 

Por cidades, Sociedade de Tasación destaca que os prezos respecto a 2019 non retrocederon en ningunha das 50 capitais provinciais, aínda que en tres (Salamanca, Soria e Zamora) mentivéronse invariables.

Fonte | El País