A vivenda pasa a ser considerada o principal factor de exclusión social en España, segundo a Fundación Foessa | Observatorio de Vivenda

A vivenda pasa a ser considerada o principal factor de exclusión social en España, segundo a Fundación Foessa

A vivenda pasa a ser considerada o principal factor de exclusión social en España, segundo a Fundación Foessa

O VIII Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España presentado pola fundación Foessa, vinculada a Cáritas, conclúe que 8,5 millóns de persoas, o 18,4 % da poboación, atópanse en situación de exclusión, onde o 80 % son españois e o 20 % inmigrantes. Isto supón 1,2 millóns de persoas máis que en 2007. Nesta ocasión, é a vivenda a considerada principal causante da situación, debido ao encarecimineto nun 30% dos prezos do aluguer en só dous anos, dato que fai que o 11% da poboación quede por baixo do limiar da pobreza unha vez sufragou os gastos derivados do pago da vivenda e o 4%, dous millóns de persoas que viven en 800.000 fogares, fano coa incertidume de quedar sen un teito.

Fonte.- El Diario