A vivenda segue sendo inaccesible para a mocidade en España | Observatorio de Vivenda

A vivenda segue sendo inaccesible para a mocidade en España

A vivenda segue sendo inaccesible para a mocidade en España

Segundo os últimos datos publicados polo Observatorio da Emancipación do país, a mocidade debe destinar, de media, un 94 por cento do seu salario para facer fronte a unha vivenda en solitario. Trátase da taxa de esforzo máis alta da década, que se traduce na taxa de emancipación máis baixa dende a crise, un 18 por cento dos menores de 30 anos están emancipados. Os motivos principais son a precariedade laboral e a escalada de prezos do alugueiro.

Fonte.- El País