A vivenda sofre o primeiro descenso interanual en cinco anos, con caídas do 5,8% en Madrid e do 4,3% en Barcelona desde marzo segundo Tinsa | Observatorio de Vivenda

A vivenda sofre o primeiro descenso interanual en cinco anos, con caídas do 5,8% en Madrid e do 4,3% en Barcelona desde marzo segundo Tinsa

A vivenda sofre o primeiro descenso interanual en cinco anos, con caídas do 5,8% en Madrid e do 4,3% en Barcelona desde marzo segundo Tinsa

O peso da crise sanitaria comeza a notarse nos prezos da vivenda que por primeira vez en cinco anos rexistrou unha caída interanual ao peche do terceiro trimestre, segundo os datos de Tinsa. Concretamente, a tasadora apunta que o prezo medio en España da vivenda nova e usada experimentou un descenso do 1,6 % durante a crise sanitaria, entre o primeiro e o terceiro trimestre de 2020, ata situarse en 1.361 euros por m2.

O valor supón un descenso do 0,4 % respecto ao mesmo período do ano anterior e a primeira caída interanual no prezo da vivenda en España nos últimos cinco anos, desde o terceiro trimestre de 2015.

No caso da cidade de Madrid o axuste durante a crise alcanza o 5,8% e tamén reflexa unha caída do 3,6% en taxa anual ao peche do terceiro trimestre. En Barcelona a vivienda depreciouse un 4,3% desde o primeiro trimestre e un 4,7% respecto ao ano anterior. 

Segundo Tinsa, setembro caracterizouse por unha tendencia de axuste de prezos, tras un agosto relativamente estable, sendo Extremadura, Aragón e Castela e León os territorios cos maiores axustes (por riba do 8%). A pesar disto, todavía 13 provincias e 18 capitais manteñen prezos superiores aos que tiñan fai un ano, aínda que en todas as comunidades autónomas o prezo medio da vivenda é inferior ao que rexistraban ao peche do primeiro trimestre, cando se decretou o estado de alarma.

Fonte | El Economista