A vivenda usada abre o ano cun descenso de prezos do 0,3% | Observatorio de Vivenda

A vivenda usada abre o ano cun descenso de prezos do 0,3%

A vivenda usada abre o ano cun descenso de prezos do 0,3%

Segundo o último índice de prezos inmobiliarios de idealista o prezo da vivenda usada en España comeza o ano cunha baixada intermensual do 0,3%, situándose en 1.824 euros/m2. Mentres a evolución mensual é negativa, a tasa de variación interanual presenta una evolución en positivo do 2,1%.  E en comparación co ano pasado, o prezo das vivendas usadas biaxa un 1,3% en Barcelona mentres que experimenta unha subida do 1,6% en Madrid.

Se analizamos o comportamento das comunidades autónomas, o prezo descendeu durante o mes de xaneiro en nove rexións españolas. Navarra (-2%) lidera as caídas seguida de Galicia (-0,7%), Castela-A Mancha (-0,6%) e Estremadura (-0,5%). Séguenlles Comunitat Valenciana, Asturias e Castela e León (-0,2% nas tres rexións), Baleares e Región de Murcia (-0,1% en ambos os casos). Pola contra, o prezo subiu na Comunidad de Madrid (1%), Aragón (0,6%), Canarias (0,4%), Cantabria (0,2%), Cataluña, Andalucía e A Rioxa (0,1% nas tres rexións). En Euskadi, os prezos mantivéronse sen alteracións durante o último mes. Baleares con 3.353 euros/ m2 é a autonomía máis cara seguida pola Comunidad de Madrid (2.967 euros/ m2), o prezo máis alto desde que idealista ten rexistros. No lado oposto da táboa atopamos a Castela-A Mancha (874 euros/ m2), Estremadura (940 euros/ m2) e a Región de Murcia (1.071 euros/ m2), que son as comunidades máis económicas.


Fonte | Idealista