A vivenda usada aumentou o seu valor en España nun 5,4% con respecto a xaneiro de 2022 segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

A vivenda usada aumentou o seu valor en España nun 5,4% con respecto a xaneiro de 2022 segundo Idealista

A vivenda usada aumentou o seu valor en España nun 5,4% con respecto a xaneiro de 2022 segundo Idealista

Segundo os datos do índice de prezos inmobiliarios de Idealista o valor da vivenda de segunda man en España situouse no mes de xaneiro en 1.922 euros/m2 de media o que supuxo un aumento do 5,4% respecto ao mesmo mes do ano anterior e unha lixeira variación do 0,1%.

Con respecto a decembro as comunidades onde máis aumentou o prezo da vivenda usada foron Comunidade Valenciana (1,1%), Canarias (0,8%), A Rioxa (0,7%)  e Aragón (0,5%) mentres as que presentaron unha baixada máis pronunciara foron Baleares (-1,6%), seguida de Navarra (-0,5%), Cantabria (-0,4%), Castela-A Mancha e Asturias (-0,2%).

Por valor as comunidades onde é máis caro adquirir unha vivenda de segunda mán foi Baleares, cunha media de  3.647 euros/m2, seguida por Madrid (3.126 euros/m2), País Vasco (2.787 euros/m2) e Cataluña (2.336 euros/m2). Pola contra onde é máis barato mercar este tipo de inmoble foi en Castela-A Mancha (889 euros/m2), Estremadura (949 euros/m2)e  Murcia (1.126 euros/m2).

Fonte.- Idealista