A vivenda usada aumentou un 5% o seu valor durante o 2022 en España segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

A vivenda usada aumentou un 5% o seu valor durante o 2022 en España segundo Idealista

A vivenda usada aumentou un 5% o seu valor durante o 2022 en España segundo Idealista

O valor medio da vivenda usada en España foi durante o 2022 de 1.921 euros por metro cadrado segundo o índice de prezos de Idealista o que supón unha subida interanual do 5% e dun 15% trimestral.

Por comunidades, onde se produciron as maiores subidas na vivenda de segunda man foi en Baleares (10,5%) Comunidade Valenciana ( 10,4% ), Canarias (6,7%), Madrid (6,3%), Andalucía (5,7%) e Navarra (4,8%) fronte as únicas baixadas en Castela e León e a Rioxa (0,7% nos dous casos) , mentres que,  por valor Baleares foi onde o valor foi máis alto, cunha media de 3.706 euros/m2, seguida por Madrid (3.122 euros/m2), Euskadi (2.783 euros/m2) e Cataluña (2.333 euros/m2).

Fonte.- Idealista