A vivenda usada en Galicia cuadruplica á de nova obra nas operacións de compra | Observatorio de Vivenda

A vivenda usada en Galicia cuadruplica á de nova obra nas operacións de compra

A vivenda usada en Galicia cuadruplica á de nova obra nas operacións de compra

Tal e como se deduce do último Anuario de estadística registral inmobiliaria, en 2019 realizáronse 17.020 compravendas de vivenda na comunidade. Delas, 3.649 corresponderon a inmobles recén construidos (un 21,4%) e o resto a vivenda usada, que con 13.371 contratos, case cuadruplican aos anteriores. O dinamismo do mercado inmobiliario, antes do efecto Covid deste 2020, permaneceu en ascenso constante desde 2014. Nun lustro, incrementáronse as compravendas de vivenda nun 40,2%. 

Galicia nesta ocasión nada contracorrente respecto do comportamento no resto das comunidades. Tal e como recolle o anuario dos rexistradores da propiedade no ámbito estatal, o número de compravendas de vivenda rexistradas detivo o seu crecemento este ano [2019], diminuíndo un 2,48% con respecto a 2018, tendo rexistrado 503.875 compravendas, 12.805 menos que o ano anterior. A pesar desta baixada, o informe evidencia que se trata do segundo mellor resultado dos últimos dez anos, despois do 2018.

Ao igual que ocorre en Galicia, no conxunto de España a vivenda usada seguiu sendo a gran protagonista, cun total de 413.185 adquisicións que neste caso, no cómputo estatal, anotan un retroceso interanual do 3,1%. Na comunidade pasouse dass 13.045 casas usadas adquiridas en 2018 a 13.371, un crecemento positivo do 2,5%.

En canto aos inmobles de nova construcción, rexistráronse en España 90.690 compravendas, 552 máis que en 2018 (+0,61%), mentres que na comunidade galega cerráronse en 2019 3.508 operacións de venda de novos inmobles fronte ás 3.609 do ano anterior, un 2,8% máis.

Fonte | La Opinión A Coruña