As vivendas adquiridas mediante herdanza acadan niveis de máximos históricos pola crise sanitaria segundo o INE | Observatorio de Vivenda

As vivendas adquiridas mediante herdanza acadan niveis de máximos históricos pola crise sanitaria segundo o INE

As vivendas adquiridas mediante herdanza acadan niveis de máximos históricos pola crise sanitaria segundo o INE

Nos últimos datos publicados polo INE en relación á sucesión de vivendas por herdanza, entre xaneiro e maio contabilizáronse 85.186 transmisións da propiedade de vivendas por herdanzas no conxunto de España. Este supón o rexistro máis alto dende que se ten constancia do dato, en 2007.

Segundo a propia fonte, isto ten a súa causa directa na crise sanitaria, que parou a sucesión de vivendas nos meses de confinamento, rexistros que se acumularon para o primeiro cuadrimestre do 2021, así como o exceso de mortalidade rexistrado no último ano.

As Comunidades Autónomas con maior cifra de vivendas herdadas son Cataluña, Andalucía, Madrid e a Comunidade Valenciana. Galicia se sitúa no sétimo lugar cunha cifra de 3.937 vivendas herdadas no prazo marcado.

 

Fonte | Idealista