As vivendas de alugueiro, un serio problema para os estudantes en Francia | Observatorio de Vivenda

As vivendas de alugueiro, un serio problema para os estudantes en Francia

As vivendas de alugueiro, un serio problema para os estudantes en Francia

En Francia, o prezo do alugueiro de vivendas é cada vez maior, a falta de oferta e subida de prezos supón un serio problema para a población que require de vivenda de alugueiro, máis aínda aos estudantes. Sendo un colectivo con reducida capacidade económica, acceder á vivenda nos lugares onde estudan é cada vez unha labor máis complicada, a pesar das pequenas axudas que ofrece o Goberno. Ante as dificultades para o acceso a vivendas polo medio convencional, diferentes asociacións promoven dormitorios gratuítos aos estudantes a cambio de convivir ou acompañar certas horas ao día a persoas da terceira idade que se atopan soas.

Fonte.- La Nouvelle Republique