As vivendas de segunda man supoñen o 80 por cento das vendas | Observatorio de Vivenda

As vivendas de segunda man supoñen o 80 por cento das vendas

As vivendas de segunda man supoñen o 80 por cento das vendas

Segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), nos primeiros oito meses do ano, 11.668 foron as vivendas vendidas en Galicia, un 5,7 por cento máis que o mesmo período do ano anterior. Este dato contrasta coa tendencia nacional, caída da actividade nun 2,2 por cento, e sostense principalmente pola venda de vivendas de segunda man. En total, das 11.668 vivendas vendidas, 9.050 vivendas eran de segunda man, supoñendo un 80 por cento do total, mentres que o restante componse das vivendas novas.

Fonte.- La Opinión Coruña