As vivendas de uso turístico aumentaron drásticamente en Galicia nos últimos 6 anos | Observatorio de Vivenda

As vivendas de uso turístico aumentaron drásticamente en Galicia nos últimos 6 anos

As vivendas de uso turístico aumentaron drásticamente en Galicia nos últimos 6 anos

As vivendas de uso turístico en Galicia aumentaron en tan só 6 anos desde as 542 a máis de 20.000 dispoñibles. Isto sucede á vez que a redución da oferta no mercado residencial, onde os prezos ven disparados un 35%, o que dificulta cada vez máis a procura dun inmoble alcanzable na comunidade galega.

A Federación Española de Asociacións de VUT (vivendas de uso turístico) calcula que en 2022 moveron no conxunto do país uns 20.388 millóns de euros, fronte aos 4.400 de 2019. Galicia non dispón dunha regulación autonómica que restrinxa licéncialas pero, por exemplo, Pontevedra xa limitou o número, autorizando só as VUT en casas unifamiliares, baixos ou edificios enteiros para ese uso; Santiago de Compostela está a trazar unha estratexia similar e en Oleiros xa non se conceden máis licenzas.

Noutros países de Europa están a aplicarse medidas como o plan 'Mais Habitaçao' en Portugal (creación dun imposto especial do 15% sobre as VUT), limitación dun máximo de 120 de alugueiro ao ano en Francia, entre outras.

Fonte.- La Voz de Galicia