As vivendas modulares de Cenlle serán o inicio dun novo barrio sostible e acolledor para seis familias | Observatorio de Vivenda

As vivendas modulares de Cenlle serán o inicio dun novo barrio sostible e acolledor para seis familias

 As vivendas modulares de Cenlle serán o inicio dun novo barrio sostible e acolledor para seis familias

As vivendas modulares de promoción pública de Cenlle representan o comezos dun novo barrio sostible e acolledor para seis novas familias, as cales teñen un prazo de execución de 8 meses, xa que é unha fórmula construtiva que permite acurtar os prazos e reducir a xeración de residuos. Así, a previsión é que as obras (nas que se invisten máis dun millóns de euros) rematen no primeiro trimestre de 2021, para -a continuación- iniciar o proceso de adxudicación entre os demandantes de vivenda, que poderán acceder á mesma en réxime de compra ou de alugueiro.

As vivendas teñen 116 metros cadrados (repartidos en dúas plantas en todos casos), e dispoñen de tres dormitorios e baño (no andar superior); aseo, cociña, salón-comedor e vestíbulo, na inferior. Ademais disporán de rocho (6,27 m2) e de garaxe cuberto (19 m2). Ademais, disporán dun sistema de calefacción por aerotermia para promover a eficiencia e o aforro enerxético, polo que estamos ante un proxecto de vivendas que teñen un marcado carácter sostible.

Asemade, tamén se está a urbanizar o ámbito, coa realización dunha mediana e unha plataforma única de aparcamento e acceso rodado e peonil ás vivendas, e unha escaleira de acceso que dará continuidade ao sendeiro peonil e manterase unha zona de piñeiros e espazos libres.

Fonte | Xunta de Galicia