As vivendas no rural gañan atractivo, mais as cidades non perden interese | Observatorio de Vivenda

As vivendas no rural gañan atractivo, mais as cidades non perden interese

As vivendas no rural gañan atractivo, mais as cidades non perden interese

O confinamento derivado da Covid-19 provocou que moitas persoas valorasen a posibilidade de estabelecer a súa residencia no rural. Desde as inmobiliarias recoñecen que houbo un incremento das vendas, pero aclaran que só as rendas medias e altas puideron dar o paso da cidade ao campo. Porén, o movemento inverso, do campo á cidade, mantívose estáble. 

Así, en abril e maio comezouse a detectar un aumento das consultas de vivendas no rural nos portais inmobiliarios que se materializou a partir de agosto.

Con todo, a aposta no rural non está ao alcance de todos os públicos. A Covid-19 provocou que moitas familias lle desen valor a propiedades que tiñan esquecidas no campo. Algunhas optaron por rehabilitalas e outras por aproveitar o 'tirón' da demanda e poñelas á venda. 

O mercado inmobiliario medra con forza en Galicia. Boa proba diso é o feito de que o número de hipotecas concedidas o pasado mes de setembro crecese 68% con respecto ao mesmo mes de 2019, case catro veces superior ao de España (18,4%). En agosto, construíronse en Galicia 212 novas vivendas, segundo os datos publicados polo Insituto Galego de Estatística (IGE), ás que habería que sumar as rehabilitacións de vivendas en pequenos municipios do rural, onde a demanda non deixa de medrar.

Fonte | Nos Diario