As vivendas transferidas por herdanza duplicáronse en Vigo na última década | Observatorio de Vivenda

As vivendas transferidas por herdanza duplicáronse en Vigo na última década

As vivendas transferidas por herdanza duplicáronse en Vigo na última década

As vivendas que se transferiron por herdanza en Vigo e na provincia case duplicáronse nos últimos dez anos. O ano pasado alcanzaron as 2.477, fronte as 1.408 do ano 2013, aumentando un 75,9%, segundo os datos do INE. A tendencia á alza comezou fai unha década, aínda que se viu freada en 2020 pola pandemia, debido principalmente aos atrasos que se produciron na xestión dos testamentos. Nese ano 2020 alcanzáronse as 1.922, pero en 2021 volveron xa a crecer con forza, alcanzando as 2.375. 

En España, mediante testamento transferíronse 199.741 inmobles en 2023, un 50,2% maior que en 2013. Doutra banda, en Galicia, o aumento das vivendas herdadas foi do 114%, pasando as 10.000. En canto á transmisión de fincas urbanas, séguese a mesma tendencia, duplicándose na última década. Concretamente, na provincia de Pontevedra aumentou un 93,96%, pasando das 2.253 iniciais en 2013 ás 4.270 coas que pechou 2023. 

Os expertos no sector afirman que hai varios factores que propician esta situación, como a entrada en vigor da Lei de Vivenda, o aumento da documentación e a seguridade xurídica, e polo tanto dos trámites a realizar, ou, principalmente, o factor demográfico, concretamente o envellecemento da poboación. A xeración de maiores actual foi a que comezou a comprar vivenda de forma xeneralizada nos 60 e 70, décadas nas que se produciu o maior crecemento de cidades como Vigo, e para as que a vivenda supuxo a principal fonte de aforro e o legado para os seus fillos.

Fonte.- Atlántico