As vivendas turísticas continuan á alza en Galicia a pesar das regulacións | Observatorio de Vivenda

As vivendas turísticas continuan á alza en Galicia a pesar das regulacións

As vivendas turísticas continuan á alza en Galicia a pesar das regulacións

As vivendas de uso turístico en Galicia continúan á alza, supoñendo o 83% dos establecementos turísticos da comunidade, pese ás novas regulacións. Segundo o Rexistro de empresas e actividades turísticas de Xunta de Galicia, cos datos recabados ata o 1 de decembro, na comunidade hai 21.702 vivendas de uso turístico. Destas, as sete grandes cidades suman 4.566, e, en concreto, 1.560 en Vigo, 1.123 en A Coruña, 807 en Santiago, 454 en Pontevedra, 365 en Ourense, e 257 en Lugo. Todas estas vivendas de uso turístico nas sete grandes cidades suman máis que albergues, apartamentos, campings, hoteis, pensións e turismo rural, que suman 4.182.

En canto aos concellos fora das grandes cidades, Sanxenxo é o concello con maior número de vivendas de uso turístico, con 2.753, o que supón unha concentración do 12,68% de tódalas VUTs de Galicia. Os seguintes concellos son O Grove, con 650 vivendas, Vilagarcía de Arousa, con 406, e Cambados, con 230. 

Fonte.- EuropaPress