As vivendas turísticas dispáranse ata o 1,33% do total do parque de vivendas do país | Observatorio de Vivenda

As vivendas turísticas dispáranse ata o 1,33% do total do parque de vivendas do país

As vivendas turísticas dispáranse ata o 1,33% do total do parque de vivendas do país

Durante o último ano, as vivendas turísticas aumentaron un 9,2%, ata alcanzar as 351.389 unidades, o que representa xa o 1,33% do total do parque de vivendas do país, fronte ao 1,21% do ano pasado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. Este incremento do número de pisos turísticos prodúcese durante a ofensiva por parte do Goberno para frear esta proliferación, posto que moitos propietarios están utilizando esta vía para evitar a limitación de prezos dos pisos de alugueiro tradicional. 

Andalucía é a comunidade autónoma con maior número de pisos turísticos, con 82.454, cun incremento do 17,5% no último ano. Séguenlle a Comunidade Valenciana e Cataluña, con 59.413 (+19%) y 52.598 pisos (+15%), respectivamente, e por debaixo Canarias (46.784 e +9,6%), Baleares (25.073 e -1,2%), Madrid (19.456 e +19%) e Galicia (17.883 e +21%). 

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana mencionou recentemente que o alugueiro turístico require dunha interese preferente, debido a que en lugares como Madrid, Barcelona e núcleos turísticos como Valencia ou Málaga, a proliferación de vivendas de uso turístico "están tensionando o mercado, incrementando o custo das rendas en alugueiro e imposibilitando que a maioría da cidadanía cun salario completo poidan pagar unha renda de alugueiro". 

Fonte.- La Razón