A volta á actividade do sector inmobiliario arranca con forza | Observatorio de Vivenda

A volta á actividade do sector inmobiliario arranca con forza

A volta á actividade do sector inmobiliario arranca con forza

A Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) trasmitiu que a volta á actividade está sendo máis que positiva. O alugueiro está funcinando moi ben, os prezos non baixaron e hai demanda para xestionar, visitar e comprar. Moitos pisos vacacionais incorporáronse á oferta de vivendas de alugueiro tradicional ou a longo prazo, situación que permite o aumento do catálogo e a mellora da calidade media dos inmobles. 

Ademáis, o mercado de vivendas de alugueiro destinadas ao uso de estudantes arrancou moito antes que en cursos anteriores. Os universitarios xa comezaron a reservar pisos e estímase que un 80 % dos estudantes renovarán os seus contratos para continuar no mesmo piso. 

 

Fonte | El Correo Gallego