Xa está dispoñible para toda España o Geoportal para consultar a información sobre certificados enerxéticos en vivendas e edificios | Observatorio de Vivenda

Xa está dispoñible para toda España o Geoportal para consultar a información sobre certificados enerxéticos en vivendas e edificios

Xa está dispoñible para toda España o Geoportal para consultar a información sobre certificados enerxéticos en vivendas e edificios

Despois de estar a proba en Castela e León e despois ampliarse a once comunidades o Geoportal de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios , que permite consultar información sobre a certificación enerxética de edificios e vivendas, xa está dispoñible para todo o territorio Español.

Nesta web, posta en marcha polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, pódese visualizar a través dos mapas por localidades a información sobre a situación dos certificados de enerxía nas vivendas, se se dispón dun, se este está caducado ou mesmo a súa letra de calificación . Segundo os datos hai na actualidade 4,6 millóns de vivendas en España que dispoñen desta certificación.

Fonte.- Idealista