Xa se poden solicitar as axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios | Observatorio de Vivenda

Xa se poden solicitar as axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios

Xa se poden solicitar as axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios

As axudas do Programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, reguladas polo Real decreto do 4 de agosto, xa poden ser solicitadas dende o pasado día 2 de xaneiro. Ditas axudas serán xestionadas por primeira vez pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e este ano destínanse 8,5 millóns de euros dos 17 millóns que recolle o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas ata o ano 2023.

Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acoller as incentivos para subvencionar actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables, de mellora das instalacións de iluminación

Tal e como se recolle na resolución, establécense tres tipos de actuacións subvencionables: de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, aquelas que teñen entre os seus obxectivos reducir a demanda enerxética; de uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e das instalacións de iluminación, é dicir, as luminarias, lámpadas e equipamentos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación.

Para o cálculo da contía subvencionable, haberá unha axuda base e unha adicional, que se determinará con base en tres criterios, como os criterios sociais (actuacións que se realizan en edificios de vivenda de protección pública; actuacións en inmobles situados en áreas de rehabilitación), a eficiencia enerxética e que se trate dunha actuación integrada (aplicarase a porcentaxe adicional cando se realizan simultaneamente dúas ou máis tipoloxías de actuación).

Fonte | Xunta de Galicia