Xaneiro rexistrou a maior cifra de compravenda de vivendas nun comezo de ano nos últimos quince anos segundo o INE | Observatorio de Vivenda

Xaneiro rexistrou a maior cifra de compravenda de vivendas nun comezo de ano nos últimos quince anos segundo o INE

Xaneiro rexistrou a maior cifra de compravenda de vivendas nun comezo de ano nos últimos quince anos segundo o INE

O Instituto Nacional de Estatística (INE) contabilizou un total de 56.372 operacións de compravenda durante o mes de xaneiro o que supón o mellor dato nun comezo de ano dende o ano 2008 , un incremento con respecto a 2022 do 6,6% e chegando ata o 30% en comparación a decembro.

Por tipo de vivenda, as de segunda man rexistraron un total de 45.501 transaccións, un aumento interanual do 6,2% mentres que 10.871 compravendas foron de pisos novos crecendo un 8%. Pola súa parte, a vivenda libre, supuxo o 91,7% do total das operacións, chegando ata as 51.719 e un crecemento do 6,3% fronte o 8,3% do peso que tivo a vivenda protexida con 4.653 vendas e un avance interanual do 9,7%.

Fonte.- Europa Press