A Xunta abre o prazo de solicitude das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 | Observatorio de Vivenda

A Xunta abre o prazo de solicitude das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021

A Xunta abre o prazo de solicitude das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento previstas no capítulo V do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, que se tramitará co código de procedemento VI432C.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española; as administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado; as fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, as cooperativas de autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública.

A contía das axudas será proporcional á superficie útil de cada vivenda e variará en función da modalidade escollida, ata un máximo de 350 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda

Fonte | DOG