A Xunta abre unha rolda de contactos co sector para informar sobre as novas condicións para converter os baixos comerciais sen uso en vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta abre unha rolda de contactos co sector para informar sobre as novas condicións para converter os baixos comerciais sen uso en vivendas

A Xunta abre unha rolda de contactos co sector para informar sobre as novas condicións para converter os baixos comerciais sen uso en vivendas

A Xunta abre unha rolda de contactos co sector inmobiliario para “dar información detallada” sobre as novas condicións para converter os baixos comerciais e entrecháns que leven tempo sen uso en vivendas logo da aprobación do decreto polo que se actualizan as normas de habitabilidade de Galicia, que entrará en vigor o vindeiro luns 16 de outubro.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá nunha reunión informativa co sector inmobiliario sobre esta actualización normativa que vai permitir aumentar a oferta de vivendas dispoñibles que debería traducirse en alugueiros máis baixos e evitar a sensación de abandono que xera ter baixos sen usos nas cidades.

Fonte.- Xunta de Galicia