A Xunta abrirá a convocatoria de novas axudas para o alugueiro en xaneiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta abrirá a convocatoria de novas axudas para o alugueiro en xaneiro

A Xunta abrirá a convocatoria de novas axudas para o alugueiro en xaneiro

O próximo 15 de xaneiro a Xunta abrirá a convocatoria do seu programa de axudas ao alugueiro, un presuposto de 20 millóns de euros, que se repartirán a partes iguais entre 2024 e 2025. O presidente da Xunta explicou recentemente que a previsión é que o programa beneficie a 3.600 persoas en toda Galicia. Alfonso Rueda añadiu que durante o 2024 destinaranse uns 56 millóns de euros a distintos plans de acceso á vivenda. 

A Xunta tamén introduciu cambios para ampliar o alcance dos fondos do programa de axudas e favorecer a distintos colectivos. Elevouse dende o 50% ao 60% o importe da renda mensual de alugueiro que estará cuberto polas subvencións. Esta mellora aplicarase para familias numerosas e monoparentais, menores de 36 anos, emigrantes que retornasen recentemente a Galicia e como mínimo con 2 anos fora de España, e as persoas que estivesen inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda protexida durante máis dun ano.

Fonte.- La Voz de Galicia