A Xunta achega 415.000 euros para rehabilitar vivendas en Alfoz, Paradela, Sarria e A Fonsagrada co fin de destinalas a alugueiro social | Observatorio de Vivenda

A Xunta achega 415.000 euros para rehabilitar vivendas en Alfoz, Paradela, Sarria e A Fonsagrada co fin de destinalas a alugueiro social

A Xunta achega 415.000 euros para rehabilitar vivendas en Alfoz, Paradela, Sarria e A Fonsagrada co fin de destinalas a alugueiro social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará 415.300 euros para rehabilitar vivendas de titularidade municipal nos municipios de Alfoz, Paradela, Sarria e A Fonsagrada co fin de destinalos a alugueiro social.

No caso de Sarria, a Xunta apoia con 240.000 euros a restauración dun inmoble de titularidade municipal situado nunha parcela da rúa Maior para habilitar cinco vivendas, mentres que no resto dos concellos poranse en valor antigas vivendas de mestres.

Así, no caso de Paradela concedéronse 96.000 euros para rehabilitar a vella escola, mentres que a Fonsagrada a Xunta achegará case 46.300 euros e Alfoz contará cunha axuda de 33.000 euros.

Fonte | Xunta de Galicia