A Xunta advirte de que o novo Plan estatal de vivenda dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles | Observatorio de Vivenda

A Xunta advirte de que o novo Plan estatal de vivenda dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles

A Xunta advirte de que o novo Plan estatal de vivenda dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles

A Xunta de Galicia advirte que o novo Plan estatal de vivenda 2022-2025, elaborado polo Goberno central, dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo avanzou así o contido das alegacións presentadas polo Goberno galego ao proxecto de Real Decreto polo que se regula o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, as cales están baseadas en que a Xunta non entende un Plan de vivenda no que só un dos 12 programas está dedicado á rehabilitación, e ademais se céntrase exclusivamente na accesibilidade, deixando de lado a conservación.

Así, para a Xunta o programa das áreas de rehabilitación integral é de suma importancia, non só polo esforzo realizado pola Administración autonómica desde o ano 1996, senón tamén polo conxunto de concellos e propietarios que ao longo destes 25 anos conseguiron recuperar moitas zonas antes degradadas.

Así mesmo, lembrouse que este tipo de decisións son máis graves para os intereses de Galicia, pois é tamén referente coa posta en marcha do programa e das áreas Rexurbe.

Outras das consideracións da Xunta é que no novo Plan 2022-2025 moitos dos programas recollidos se solapan con medidas xa existentes.

Fonte | Xunta de Galicia