A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteou entre os seus adxudicatarios as 33 vivendas de promoción pública construídas pola Xunta de Galicia na rúa Ignacio Grobas, na cidade de Vigo.

A vivenda adxudicada, así como as condicións, prezo e instrucións sobre os trámites a realizar por cada adxudicatario antes da entrega das vivendas comunicaranse dende o IGVS, de forma individualizada, a cada adxudicatario. 

Así, as vivendas foron adxudicadas en réxime de alugueiro e por lotes, en función do número de integrantes da unidade familiar e en canto ás vivendas adaptadas para mobilidade reducida tiveron preferencia, en primeiro lugar, aquelas persoas que precisan de cadeira para os seus desprazamentos ou dependen absolutamente de dous bastóns para deambular. En segundo lugar as persoas que tiveran acreditada unha enfermidade ou discapacidade permanente.

Fonte | Xunta de Galicia