A Xunta adxudica o contrato de obra para mellorar a contorna das vivendas do grupo escolar de Vilardevós por case 70.000 euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica o contrato de obra para mellorar a contorna das vivendas do grupo escolar de Vilardevós por case 70.000 euros

A Xunta adxudica o contrato de obra para mellorar a contorna  das vivendas do grupo escolar de Vilardevós por case 70.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar por preto de 70.000 euros o contrato de obra para mellorar a contorna do antigo grupo de vivendas de mestres do concello ourensán de Vilardevós, o cal ten un prazo de execución de catro meses para a urbanización da zona que rodea o grupo escolar, conformado por un total de cinco vivendas.

O obxecto desta actuación, cofinanciada nun 70% pola Xunta, ao abeiro do Plan Hurbe, e nun 30% polo Concello de Vilardevós, é urbanizar este ámbito, que se atopa actualmente en estado de abandono, con maleza abundante e dificultades para o acceso.

Así, procederase á limpeza da contorna para liberar os terreos de vexetación e repararase a pavimentación dos paseos que comunican as vivendas. Ademais, farase tamén unha actuación de revexetación e mellorarase a rede de abastecemento e saneamento de augas.

Fonte | Xunta de Galicia