A Xunta adxudica as obras de rehabilitación de catro inmobles do casco vello de Betanzos por importe de máis de 828.000 euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación de catro inmobles do casco vello de Betanzos por importe de máis de 828.000 euros

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación de catro inmobles do casco vello de Betanzos por importe de máis de 828.000 euros

- Trátase dos edificios emprazados nos número 45, 47 e 49 da rúa da Cerca e do número 75 da rúa Nova 
- Xa están en rehabilitación os edificios de Cerca 9 e 13 e Venela de Clérigos 13, cun investimento de máis dun millón de euros
 


Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia adxudica a execución de dúas obras de rehabilitación en catro inmobles no casco vello de Betanzos por un importe de 828.840 euros e un prazo de execución de 12 meses dende o comezo das mesmas. 

No que se refire aos inmobles da rúa da Cerca, obteranse, unha vez rehabilitados, catro vivendas, unha no número 45, outra no 47 e dúas no número 49. A obra foi adxudicada por importe de 576.420 euros e un prazo de execución de un ano a contar dende o inicio das obras. 

As obras de rehabilitación do edificio emprazado na rúa Nova 75 permitirán obter dúas vivendas. A obra adxudicouse por importe de 252.420 euros e un prazo de execución dun ano. 

As obras adxudicadas sumaranse ás que xa están en execución nos inmobles da rúa Cerca 9 e 13 e Venela de Clérigos 13, nas que se obterán seis vivendas e dous locais comerciais e nas que a Xunta está a investir máis dun millón de euros.

 

Fonte.- IGVS