A Xunta adxudica obras para rehabilitar e construír cinco vivendas en Ferrol Vello por 1,19 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica obras para rehabilitar e construír cinco vivendas en Ferrol Vello por 1,19 millóns de euros

 A Xunta adxudica obras para rehabilitar e construír cinco vivendas en Ferrol Vello por 1,19 millóns de euros

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaba de adxudicar o contrato, por un total de 1.188.000 euros, para a rehabilitación do inmoble emprazado no número 8 da rúa Carme Curuxeiras, en Ferrol, e na construción dun edificio destinado a vivendas nos números 22-24 da mesma rúa.

Así, a empresa axudicataria terá un prazo de 15 meses para levar a cabo os traballos neste inmoble incluídos no programa Rexurbe, posto en marcha no ano 2017 e no marco do cal o IGVS xa adquiriu un total de 19 inmobles no ámbito de Ferrol Vello. De feito, trátase do municipio no que a Xunta leva adquiridos máis edificios e solares ao abeiro deste programa co obxectivo de obter 38 novas vivendas públicas e 4 locais comerciais.

Grazas ás obras contratadas obteranse cinco vivendas de promoción pública (VPP) destinadas a alugueiro social. 

Fonte | Xunta de Galicia