A Xunta adxudica por máis de 335.000 € a redacción de proxecto e dirección de obra de 58 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por máis de 335.000 € a redacción de proxecto e dirección de obra de 58 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

A Xunta adxudica por máis de 335.000 € a redacción de proxecto e dirección de obra de 58 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

A Xunta de Galicia adxudicou este mes por 335.000 euros, IVE incluído, o contrato para a redacción do proxecto e dirección das obras para a construción de 58 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais na parcela Z38 do sector 10 de Xuxán, o antigo Parque Ofimático da Coruña.

O contrato terá unha duración de 43 meses, unha cifra que resulta do prazo máximo para a redacción do proxecto (5 meses), do prazo estimado para a execución das obras (26 meses) e do prazo mínimo de garantía legal do adxudicatario das obras (12 meses). Actualmente, a Xunta xa rematou a construción das primeiras 40 vivendas de promoción pública en Xuxán.

Fonte.- Xunta de Galicia.