A Xunta adxudica tres parcelas no parque Ofimático da Coruña para a construción de preto de 200 novas vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica tres parcelas no parque Ofimático da Coruña para a construción de preto de 200 novas vivendas protexidas

A Xunta adxudica tres parcelas no parque Ofimático da Coruña para a construción de preto de 200 novas vivendas protexidas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar tres parcelas de solo urbanizado no parque Ofimático da Coruña que se destinarán á construción de 194 novas vivendas protexidas por parte de promotores privados. 

Estas parcelas forman parte do concurso público que convocou Xestur hai 10 meses para impulsar a construción de vivenda protexida en catro cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra. En total, puxéronse a disposición de promotores e cooperativas 45.000 metros cadrados de solo residencial urbanizado e por tanto, listo para empezar a construír.

Grazas a estas adxudicacións, o parque Ofimático poderá seguir incrementando a súa oferta residencial e desenvolvendo os terreos dispoñibles para poder ofrecer á veciñanza máis vivendas protexidas. Neste sentido, lembrar que nesta mesma zona xa se están a construír 40 novas vivendas de promoción pública, cun investimento por parte da Consellería de máis de seis millóns de euros.

Fonte | Xunta de Galicia