A Xunta amplía ata os 3,3 millóns de euros o orzamento para as axudas ao alugueiro xeral en 2021 | Observatorio de Vivenda

A Xunta amplía ata os 3,3 millóns de euros o orzamento para as axudas ao alugueiro xeral en 2021

A Xunta amplía ata os 3,3 millóns de euros o orzamento para as axudas ao alugueiro xeral en 2021

A Xunta de Galicia incrementa en 1.055.000 euros a dotación da convocatoria de axudas ao alugueiro do plan de vivenda publicada o pasado 30 de marzo, tal e como recolle a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

Así, dado o volume de solicitudes presentado, agora incrementase a dotación inicial con 1.055.000 euros, polo que se concederán axudas por importe de 3.327.000 euros.

Por outra parte, a Xunta tamén facilita o acceso á vivenda en alugueiro a través do Bono de alugueiro social e o Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, que en 2021 dispoñen dunha dotación total de máis de 7,1 millóns de euros.

Fonte | Xunta de Galicia