A Xunta anima ao Concello da Rúa a participar nos programas de rehabilitación cos que ofrecer opcións de vivenda aos veciños | Observatorio de Vivenda

A Xunta anima ao Concello da Rúa a participar nos programas de rehabilitación cos que ofrecer opcións de vivenda aos veciños

A Xunta anima ao Concello da Rúa a participar nos programas de rehabilitación cos que ofrecer opcións de vivenda aos veciños

A Xunta de Galicia presenta aos responsables do Concello da Rúa os distintos programas de rehabilitación cos que ofrecer aos veciños un fogar e atender as princiapis demandas dos mesmos en materia de vivenda.

Nese sentido, deuse información respecto dun novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais dotado con 3 millóns de euros, que terá un funcionamento similar ao Fondo de cooperación: facilita créditos sen xuros cunha vixencia máxima de oito anos a concellos de menos de 50.000 habitantes, grazas aos que se facilita aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social.

Outro programa ao que poden optar é o dirixido a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, que estarán dotadas dunha partida orzamentaria de 2,1 millóns de euros.

Por último, tamén poden optar ás axudas de rehabilitación de infravivenda municipal, un programa pensado para mellorar o estado de inmobles localizados en municipios de menos de 10.000 habitantes a través de obras que garantan unhas mínimas condicións de habitabilidade.

Fonte | Xunta de Galicia