A Xunta apoiará ao concello de Pontedeva nun proxecto piloto de vivendas pasivas a través do fondo de cooperación do IGVS | Observatorio de Vivenda

A Xunta apoiará ao concello de Pontedeva nun proxecto piloto de vivendas pasivas a través do fondo de cooperación do IGVS

A Xunta apoiará ao concello de Pontedeva nun proxecto piloto de vivendas pasivas a través do fondo de cooperación do IGVS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Pontedeva nun proxecto piloto municipal que ten como obxectivo obter varias vivendas pasivas a partir da rehabilitación de inmobles xa existentes.

Concretamente, o proxecto prevé comezar por dúas vivendas en cuxa rehabilitación se aplicarían técnicas edificatorias de sostibilidade co fin de convertelas en casas pasivas, é dicir, edificacións eficientes que buscan reducir o máximo posible a demanda enerxética respecto a unha casa normal aplicando estratexias de deseño global.

Neste caso, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) apoiará ao Concello de Pontevedra a través do Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de 50.000 habitantes, un instrumento do IGVS creado en 2017 para ofrecerlles préstamos sen xuros e en condicións favorables para executar obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

Fonte | Xunta de Galicia