A Xunta aposta pola vivenda pública concertada tras anos de déficit de pisos oficiais | Observatorio de Vivenda

A Xunta aposta pola vivenda pública concertada tras anos de déficit de pisos oficiais

A Xunta aposta pola vivenda pública concertada tras anos de déficit de pisos oficiais

O Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025 aposta pola vivenda de promoción pública e introduce a figura da vivenda pública concertada, é dicir, cualificada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) como de promoción pública, pero construida por promotores privados ou outros promotores públicos sobre solo público.

En todo caso, estas vivendas públicas concertadas estarán sometidas ao mesmo réxime xurídico que as promovidas directamente polo IGVS e esta modalidade será a forma prioritaria de actuación nas localidades medianas e pequenas da comunidade, onde o rexistro de demandantes acredite que hai demanda.

Con isto o que se pretende é fixar unha liña de colaboración público-privada con outros promotores para que constrúan  as vivendas con recursos propios e que o IGVS as califique como de promoción pública, outorgando as axudas a quen as compre e facilitando o acceso á financiación.

Fonte | La Opinión Coruña