A Xunta aproba esta semana os presupostos con axudas á compra de vivendas para os xóvenes | Observatorio de Vivenda

A Xunta aproba esta semana os presupostos con axudas á compra de vivendas para os xóvenes

A Xunta aproba esta semana os presupostos con axudas á compra de vivendas para os xóvenes

A tramitación dos orzamentos galegos para o ano 2022 e a lei de medidas fiscais e administrativas sairán adiante coa aprobación definitiva no pleno da Cámara esta semana, tras incorporar máis de medio centear de cambios.

Ás propostas feitas polo Goberno galego nas contas, que ascenden a 11.627 millóns, cun gasto social -segundo as cifras achegadas pola Xunta- de 8.660 millóns, os grupos engadiron novidades e matizacións, como axudas á compra de vivenda, unha subida das peaxes autonómicas sostida -por baixo do incremento do IPC que se proxecta- e deducións do IRPF. O PP eliminou do proxecto lexislativo o tramo de maior gravamen para as rendas que superan os 100.000 euros que incorporara o Executivo autonómico por primeira vez e que, de facto, nunca se chegou a aplicar en Galicia. Tamén se incorpora un aval para á compra de vivenda a menores de 35 anos de forma que quedará cuberto o 95% dunha hipoteca.

Fonte | La Opinión