A Xunta asina un convenio para a construción de 286 novas vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

A Xunta asina un convenio para a construción de 286 novas vivendas de promoción pública

A Xunta asina un convenio para a construción de 286 novas vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia investirá preto de 44,9 millóns de euros na construción de 286 vivendas de promoción pública, que serán cofinanciadas polo Goberno galego e con fondos da Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, tal e como recolle o convenio asinado hoxe polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Ao abeiro deste acordo, construiranse 66 vivendas de promoción pública en Ourense; 20, en Mos; 54, en Ferrol, e 146, en Lugo, que se integrarán no parque público de vivenda propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e se adxudicarán a través do Rexistro de Demandantes de Galicia.

Estas vivendas serán financiadas nun 68,44 % con fondos propios da Xunta de Galicia –máis de 30,7 millóns de euros- e nun 31,56 % con fondos procedentes da Unión Europea –algo máis de 14,16 millóns de euros-.

Fonte.- Xunta de Galicia