A Xunta asumirá o 100% do alugueiro do Bono Social en 2021 | Observatorio de Vivenda

A Xunta asumirá o 100% do alugueiro do Bono Social en 2021

A Xunta asumirá o 100% do alugueiro do Bono Social en 2021

O Goberno galego seguirá asumindo durante todo o ano 2021 o 100% do custo do alugueiro daquelas familias que pola súa situación de especial vulnerabilidade ou por falta de recursos económicos estén percibindo o chamado Bono de Alugueiro Social.

Esta medida tomouse este ano con carácter excepcional polo coronavirus, beneficiando a 512 fogares. Agora, o Consello da Xunta decidiu prorrogar tamén a mesma prestación durante o próximo ano. A previsión é chegar a 800 familias, segundo avanzou o vicepresidente primeiro.

Fonte | Faro de Vigo