A Xunta autoriza catro novas áreas de rehabilitación solicitadas polo Concello de Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta autoriza catro novas áreas de rehabilitación solicitadas polo Concello de Vigo

A Xunta autoriza catro novas áreas de rehabilitación solicitadas polo Concello de Vigo

A Xunta accede á solicitude do Concello de Vigo e declara catro novas Áreas de rehabilitación integral (ARI) na cidade: as de Espiñeiro-Teis, Beiramar, San Roque e San Pablo. Esta figura permite o acceso ás axudas do Plan Estatal de Vivenda para poder reformar as 807 vivendas que existen nunha superficie conxunta duns 55.000 metros cadrados e nas que viven ao redor dun milleiro de persoas.

A Xunta calcula que poderían captar ata 20,9 millóns de euros en subvencións tanto para a rehabilitación das casas por iniciativa dos seus propietarios, como en obras de recuperación da contorna por parte da administración municipal. 

O obxectivo é seguir avanzando na dinamización das oito ARI de Vigo, onde está previsto rehabilitar en total outras 1.448 vivendas nos próximos anos.
 

Fuente | Faro de Vigo