A Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia

A Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia

A Xunta avanzou hoxe a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia, na cal elimínase a condición de ser menor de 35 anos para acceder a estas axudas, de forma que poderá solicitalas calquera persoa. Outra das novidades é o incremento do límite máximo de ingresos esixido, co fin de adecualo aos actuais prezos de mercado inmobiliario neses ámbitos. Así, se nas convocatorias anteriores, o límite era de tres veces o IPREM, agora será de 5,5 veces o IPREM.

Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán ter nacionalidade española ou residencia legal en España; ter uns ingresos anuais máximos de 41.357 euros –isto é 5,5 veces o IPREM—; ter adquirido a vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2021 e estar empadroado na vivenda adquirida e non posuír outro inmoble. Para acceder a estas achegas a vivenda deberá estar situada nun dos 47 centros históricos de Galicia.

Por outra banda, a Xunta tamén aprobou o gasto correspondente ás axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de inmobles de carácter residencial, os cales son ofrecidos para executar obras de rehabilitación como: adecuación estrutural e construtiva, mellora das condicións de habitabilidade e da eficiencia enerxética, adecuación á normativa sobre accesibilidade e cuestións de acabado xeral.

Fonte | Xunta de Galicia