A Xunta avanza que convocará un novo concurso de solo residencial en 2024 para promover a construción de vivenda protexida en Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol | Observatorio de Vivenda

A Xunta avanza que convocará un novo concurso de solo residencial en 2024 para promover a construción de vivenda protexida en Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol

A Xunta avanza que convocará un novo concurso de solo residencial en 2024 para promover a construción de vivenda protexida en Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta ten previsto convocar un novo concurso de solo público residencial o próximo ano para animar a promover a construción de máis vivendas protexidas nas cidades de Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol.

Durante a súa intervención nun almorzo informativo organizado pola Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (Aproin), a vicepresidenta segunda explicou que o Executivo galego porá á disposición de promotores privados e cooperativas un total de 110 parcelas de uso residencial da súa propiedade con capacidade para albergar unhas 1.195 vivendas protexidas.

Por municipios, o concurso de 2024 incluirá 8 parcelas no Bertón, en Ferrol; 2 máis en Garabolos, Lugo; outras 2 no barrio pontevedrés de Valdecorvos; e 98 localizadas no polígono 1 de San Paio de Navia, que, tal e como salientou Ángeles Vázquez, serán as primeiras que a Xunta porá á venda nos terreos da ampliación deste barrio residencial vigués, no que están proxectadas arredor de 1.600 novas vivendas protexidas.

Fonte.- Xunta de Galicia