A Xunta avoga por unha regulación homoxénea a nivel estatal das vivendas de uso turístico | Observatorio de Vivenda

A Xunta avoga por unha regulación homoxénea a nivel estatal das vivendas de uso turístico

A Xunta avoga por unha regulación homoxénea a nivel estatal das vivendas de uso turístico

O presidente da Xunta foi preguntado tras o Consello da Xunta de Galicia sobre se consideraba que existían fenómenos de masificación turística que causasen un impacto negativo no territorio galego, ao que respondeu que Galicia está lonxe do seu número máximo de turistas, pero que considera que o fenómeno turístico repercute noutras áreas.

Rueda fixo fincapé na necesidade de calibrar o impacto dos pisos de uso turístico sobre o mercado da vivenda convencional, nunha situación con falta de oferta de alugueiro e prezos cada vez máis elevados. Co propósito de atallar esta situación, aposta pola creación dunha norma homoxénea para o control dos pisos turísticos en todo o Estado, que garde as distintas particularidades de cada comunidade autónoma. 

Galicia está en pleno auxe como destino turístico, o que está xerando a proliferación de vivenda turística, en detrimento da vivenda destinada ao alugueiro tradicional. 

Fonte.- El Correo Gallego