A Xunta brinda a súa colaboración para aprobar en xaneiro o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo | Observatorio de Vivenda

A Xunta brinda a súa colaboración para aprobar en xaneiro o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo

A Xunta brinda a súa colaboración para aprobar en xaneiro o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou súa total colaboración para poder aprobar no vindeiro mes de xaneiro o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo, o que o convertiría no primeiro en aprobarse.

Na actualidade xa se teñen solicitado a todas as consellerías o informe no que deben pronunciarse sobre os programas e actuacións da súa competencia que poden aplicarse, así como valorar a viabilidade técnica das propostas recollidas no Plan de dinamización de Mondoñedo e unha vez aprobado pola Xunta, poderían iniciarse as actuacións que revitalizarán este ámbito dende un punto de vista arquitectónico, ambiental, económico, social e cultural.

Mondoñedo é un exemplo de concello comprometido coa recuperación e a conservación do patrimonio construído, tal e como se pon de manifesto coa recuperación de inmobles de diferentes zonas do concellos; ou ao abeiro do Programa Rexurbe, a través do cal se fixo unha oferta pública en 2020 para a adquisición de inmobles, resultando 13 ofertas, e sobre os que hai un acordo pechado entre o IGVS e os propietarios.

Fonte | Xunta de Galicia